III Simposio Internacional Letras na Raia
No ano 2007 a Academia colaborou no “III Simposio Internacional Letras na Raia”, que levou como tema “O cinema e a literatura”, para estudar as relacións entre ambas artes desde a óptica da xente máis nova.
Unha vintena de creadores galegos e portugueses reuníase en Pontevedra para falar de cine e literatura.
AELG quixo relacionar ás distintas asociacións de creadores galegos entre si, e, por outro, abrir canles de comunicación para xerar un contrabando de ideas positivo, un «tráfico de influencias» enriquecedor entre os dous lados da raia.
Nesta edición propuxéronse unha serie de mesas con títulos ben abertos cuxo eixe común foi tratar temas que afectan á relación entre cinema e literatura en distintas vertentes.