Outras 06

16 / 01 / 2009

Mesa redonda: A situación actual dos músicos no audiovisual galego

Entre os días 2 e 5 de novembro o Estudo de Gravación Mans, a Fundación Paideia e a Deputación de A Coruña, organizaron e A Coruña o Seminario de Composición de Música de Cine dirixido polo músico e compositor Sergio Moure e o orquestrador e compositor Ernesto Briceño.

Aproveitando esta ocasión a Academia Galega do Audiovisual organizou por primeira vez en Galicia, unha mesa redonda na que se deron cita os músicos e compositores que traballan no audiovisual galego para falar de cal é a situación actual, que perspectivas de futuro teñen, a relación coas produtoras, que ofrece a Xunta de Galicia, ou que consellos dar aqueles que queiran buscar o seu futuro no audiovisual …, en resumen  falaron deses temas dos que sempre se fala en privado pero desta vez en voz alta e clara para intentar chegar a unhas conclusións e quen sabe se dar o primeiro paso para mellorar esta situación.

Esta mesa redonda celebrouse o día 2 de novembro de 18.30 horas a 20.30 horas e estiveron convidados todos socios, músicos, compositores, produtores, estudantes e interesados en xeral.

Tamén por cortesía dos organizadores estivemos todos convidados a asistir ao relatorio de Bernardo Fuster de Musimagen, que nos falou da situación laboral do compositor de música para a imaxe.

Categoría: Noticias
Etiquetas: