A Academia Galega do Audiovisual proxecta hoxe xoves as curtas presentadas aos Premis Gaudí deste ano. O acto terá lugar na sede da Fundación Caixa Galicia, na cidade das Burgas ás 19.30 horas. Esta actividade vén celebrándose dende o ano pasado, onde as curtas presentadas aos Premis Gaudí son proxectadas en Galicia, antes de recibiren os galardóns. Posteriormente tamén serán exhibidas as longametraxes premiadas. Do mesmo xeito, as obras presentadas aos Premios Mestre Mateo, no capítulo de curtas e longas premiadas, tamén serán exhibidas en Cataluña.
En concreto, todos os interesados poderán gozar co mellor do panorama audiovisual catalán coas seguintes curtas: Viaje al planeta rojo, de Sánchez Alonso; Llueve Sobre Mojado, de Joan Álvarez i Lladós; Marcianas, de Sintu Amat; Un mundo de juguete, de Ana Puit; Battle games, de Tony Higueruelo; Ejercicio, de Raúl Pérez; e BMW, de Pol González.
Esta actividade organizada pola Academia Galega do Audiovisual conta coa colaboración da Acadèmia del Cinema Catalá e a Fundación Caixa Galicia. Tedes máis información na web www.academiagalegadoaudiovisual.gal