A Academia Galega do Audiovisual recoñece así os cines vigueses como «un espazo de referencia para a cinefilia galega, que leva máis de tres décadas apostando polo cine de autor dende a independencia do cine de barrio»
Reciben o galardón no Encontro de Finalistas dos XVI Premios Mestre Mateo que se celebra esta tarde na Domus da Coruña
A Academia Galega do Audiovisual (AGA) decidiu outorgarlle aos Multicines Norte de Vigo o Premio Especial “José Sellier”, que cada ano recoñece iniciativas salientables no sector audiovisual. A actriz Marta Doviro recolleu o galardón, en representación dos Multicines, este venres, día 23, no Encontro de Finalistas dos XVI Premios Mestre Mateo que se celebrou na Domus da Coruña e ao que asistiron finalistas de todas as categorías, a gañadora do Premio de Honra Fernando Rey, María Bouzas, e numerosas autoridades. Con este premio, a Academia quere poñer en valor “este espazo de referencia para a cinefilia galega, que leva máis de tres décadas apostando polo cine de autor dende a independencia do cine de barrio”. A AGA salienta o exemplo extraordinario destas salas, xestionadas dende a súa apertura pola mesma empresa familiar, e que “ofrecen ao público a posibilidade de descubrir filmes fóra dos circuítos maioritarios, incluíndo películas en versión orixinal, reposicións de clásicos e, por suposto, cinema galego”.
Máis de 35 anos de “servizo público”
Os Multicines Norte, bautizados co nome da vía viguesa na que se atopan, abriron as súas portas en 1982 coa proxección de O último metro de François Truffaut e O matrimonio de Maria Braun de Rainer Werner Fassbinder. Dende aquela, e a pesar de todos os cambios e dificultades pasadas polo sector da exhibición cinematográfica, manteñen en esencia a súa proposta: o “servizo público” de dar espazo a un cine con vocación artística que normalmente non chega ás salas das grandes superficies, priorizando o aspecto cultural sobre o económico.Así, os Norte conseguiron eludir o peche de salas e a concentración empresarial sen renunciar a adaptarse aos tempos. En 2013, dixitalizaron varias das súas salas para poder acceder a títulos non dispoñibles en celuloide, e tamén recentemente comezaron a incluír na súa programación reposicións de filmes clásicos e obras en versión orixinal. Ademais, son unha das salas vinculadas á iniciativa Screenly, grazas á que os espectadores poden escoller os filmes que desexan ver, e colaboran coa Escola Oficial de Idiomas viguesa ofrecendo descontos aos seus estudantes.

Actualmente, ampliaron a súa aposta polo cinema independente, de autor e de calidade, recuperando en Santiago os Multicines Compostela.