Celda 211 foi elixida como a mellor película española do ano polos internautas que votaron na páxina web da Mostra de Valencia – Festival de Cine de Acción e de Aventura.
O galardón entregarase nunha gala o 22 de outubro, que contará coa presenza de Daniel Monzón ao que este ano o Festival de Cine de Acción e Aventura adica este ano unha retrospectiva.
Por detrás de Celda 211 quedaron La isla interior, de Félix Sabroso e Dunia Ayaso, e en terceiro lugar Agora, de Alejandro Amenábar.