Omar Rabuñal comenza a rodaxe dos capítulos da nova tempada da serie “Para mariñeiros nós”. “Para mariñeiros nós” é un proxecto que naceu como unha serie de humor, concentrado en dúas personaxes da Costa da Morte, para a súa distribución por Internet. As aventuras e desventuras de Pinto e Cobiñas.
O éxito que alcanzou en Internet a serie foi tal que varias cadenas de televisión se empezaron a interesas por ela para comercializar o produto.
A partir de ahí, Omar Rabuñal e Suso Lista (creadores da serie) tomaron a decisión de comenzar a produción dunha nova tempada, esta vez cun equipo de rodaxe propio e máis amplo, cun plató na localidade de Corme, onde se rodarán a meirande parte dos capítulos.