OLLADAS SOBRE O MUSEO. A ANIMACIÓN, FOTOGRAMA A FOTOGRAMA

6 / 11 / 2013

O venres, día 8 de novembro no Museo do Pobo Galego celébranse as Olladas sobre o Museo. Un programa no que se convida a profesionais de diferentes disciplinas a dar a súa visión sobre esta institución. Nesta edición é a animación o medio polo que Adriana P. Villanueva e Sabela Iglesias de Illa Bufarda, compartirán con todas e todos nós, a súa Ollada.

O venres 8 de novembro, poderase participar dun percorrido polo Museo que vai procurar pór en movemento o exposto nas salas reinterpretando os contidos  do Museo desde a perspectiva de dúas novísimas creadoras do audiovisual comprometidas cos temas que nos afectan como pobo.

Haberá dous pases, ás 19h00 e ás 20h00. A entrada é gratuíta pero o aforo limitado polo que as persoas socias teñen opción de reservar a súa entrada con antelación no DEAC chamando ao Tl. 981583620, a partir do martes día 5 e até o xoves 7 en horario de 11h a 14h. 

Categoría: Noticias
Etiquetas: