O xoves día 6 de maio ás 12 horas terá lugar no Bar Fortes de Cans (O Porriño) a presentación do VII Festival de Cans, na que se fará pública toda a programación cultural deste ano.
O acto de presentación contará coa participación do alcalde de O Porriño, Nelson Santos; o director-xerente de Agadic, Juan Carlos Fernández Fasero; o director de marketing de Estrella Galicia, Santiago Miguélez; o director do Festival de Cans, Alfonso Pato; a presidenta da A.C. Arela; e a actriz e membro do xurado do festival, María Tasende, entre outros representantes do Consorcio Audiovisual de Galicia.
.