Manolo Gómez, presidente da Academia Galega do Audiovisual, e Isabel Blanco, vicepresidenta, estarán na mesa de apertura do Ciclo de Curtametraxes Galegas do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MACUF), que conta co apoio da Academia, do Consorcio Audiovisual de Galicia e da Escola de Imaxe e Son da Coruña.
O ciclo empeza o 4 de outubro e remata o 20 de decembro. Terá lugar todos os martes ás 20.00h, na sede do MACUF, na Coruña.
Esta é a primeira iniciativa do Museo no eido audiovisual. Con este ciclo,
MACUF quere destacar e dar a coñecer obras audiovisuais en formato curto e medio
(vídeo e cinematográficas), que a cotío son condenadas á súa exhibición en
lugares pouco axeitados e ante públicos minoritarios, esquecendo que as
curtas e mediametraxes son, en definitiva, CINE.
A selección de autores e películas pretende ser representativa do panorama
audiovisual galego, ao tempo, que permita disfrutar aos espectadores dunha
programación de calidade, acompañada de interesantes mesas redondas sobre
temas relacionados coa produción audiovisual.
No apartado Documentos podes atoparse toda a programación do Ciclo.