O PRESIDENTE DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL PRESENTOU HOXE A SÚA DIMISIÓN NO CARGO

28 / 09 / 2006

Na xuntanza mantida esta tarde, prevista hai días, da Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual, o seu Presidente Manolo Gómez, presentou a súa dimisión irrevocable. En cumprimento co establecido nos Estatutos que rexen a Academia Galega do Audiovisual, a Xunta Directiva acordou nomear como nova Presidenta á ata agora Vicepresidenta, a actriz María Bouzas.

O PRESIDENTE DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL PRESENTOU HOXE A SÚA DIMISIÓN NO CARGO

Seguindo o estipulado nos Estatutos, sucédeo a Vicepresidenta, María Bouzas

Santiago, 28 setembro 2006.- Na xuntanza mantida esta tarde, prevista hai días, da Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual, o seu Presidente Manolo Gómez, presentou a súa dimisión irrevocable.

En cumprimento co establecido nos Estatutos que rexen a Academia Galega do Audiovisual, a Xunta Directiva acordou nomear como nova Presidenta á ata agora Vicepresidenta, a actriz María Bouzas.

A Xunta Directiva manifestou na xuntanza, e faino agora publicamente, a súa gratitude a Manolo Gómez, polo traballo realizado ó longo de todos estes anos a prol da Academia Galega do Audiovisual.

Categoría: Noticias
Etiquetas: