A curtametraxe O pintor de Ceos, do director Jorge Morais Valle, foi doblemente galardonado no DigiFestival 2009 que tivo logar en Florencia. O xove director vigués recibiu de mans do xurado o Premio á Mellor Animación, así como o Gran Premio do Festival, otorgado pola audiencia.
Sinopsis:
Desde as profundidades das costas galegas do século XIX, un pintor tolo marcado polo seu pasado e o seu fiel axudante tratan de atopar unha solución ás perpetuas tormentas. O mar está destrozando a súa morada, e unha caldera máxica e mais algúns fantasmas atormentados axudaranlles a atopar a luz.