O MUSEO DO MAR CONVOCA UN CONCURSO DE FOTOGRAFÍA SOBRE O MAR GALEGO

29 / 12 / 2010

O Museo do Mar de Galicia convoca, en colaboración co CEF Centro de Estudos Fotográficos, a IIIª Bolsa de Proxectos de Creación Fotográfica: O MAR. O obxectivo deste concurso é ofrecer a posibilidade de elaborar e realizar un proxecto fotográfico propio aos novos autores relativo ao mar galego en calquera das súas circunstancias. Podes consultar as bases no seguinte enlace http://www.cefvigo.com/imaxes/bolsaomar_3.pdf.

Categoría: Noticias
Etiquetas: