O mércores día 15 de decembro, a partir das 20:00 horas da tarde, presentarase nun acto oficial o II Congreso Galego Audiovisual nun acto ó que asistirán os Conselleiros de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Jesús Pérez Varela, e máis o de Innovación, Industria e Comercio, Juan Rodríguez Yuste. Os distintos Comités (Ejecutivo, Científico, Organizador…) do Congreso, estarán presentes no acto. O HOSTAL DOS REIS CATÓLICOS DE SANTIAGO ACOLLE O MÉRCORES A PRESENTACIÓN DO II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL
Inservirá o Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e o Presidente da Academia Galega do Audiovisual
Luns 13 decembro 2004.- O mércores día 15 de decembro, a partir das 20:00 horas da tarde, presentarase nun acto oficial o II Congreso Galego Audiovisual nun acto ó que asistirán os Conselleiros de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Jesús Pérez Varela, e máis o de Innovación, Industria e Comercio, Juan Rodríguez Yuste. Os distintos Comités (Ejecutivo, Científico, Organizador…) do Congreso, estarán presentes no acto.
No acto, ó que acudirán así mesmo os Presidentes e representantes das Asociacións Profesionais sectoriais, o Xerente do Consorcio Galego do Audiovisual, Ignacio Varela, representantes das empresas colaboradoras e patrocinadoras, e outras entidades, proxectarase un vídeo realizado sobre o audiovisual galego, e durante o Cóctel que se ofrecerá ós asistentes, inservirán o Presidente da Academia Galega do Audiovisual e Presidente tamén do Comité Organizador do Congreso, Manolo Gómez, e o Conselleiro Pérez Varela.