HOXE COMEZA A RODAXE DE ‘YANEZAWA’ EN MOAÑA

18 / 06 / 2010

Hoxe Moaña vístese de rodaxe. A Escola Galega de Cine (EGACI) de Vigo rodará ese día e tamén o martes e o mércores unha curta na praia da Xunqueira, no Chiringo Yaiza´s, no hotel Bienestar de Moaña e no Xardín Xaponés de Nigrán.

A curtametraxe, baixo o título de “Yanezawa” é unha coprodución coa produtora galega Domovoi Dixital, que ten como Productor Executivo a Ignacio Abía, tamén docente da EGACI.

Yanezawa é un proxecto e dez minutos de duración, con multitude de efectos visuais e que conta cun final que sorprenderá gratamente ó espectador. É unha curta políglota ambientada en tres partes distintas do mundo cos seus correspondentes tres idiomas: inglés, xaponés e galego.

O director da curta será un alumno da EGACI, Juan del Río Celorio, que estará moi ben acompañado por un plantel de técnicos da industria cinematográfica española.

O filme conta dentro do seu reparto coa actriz española de cine, teatro e televisión, Terele Pávez, coñecida polas súas personaxes intensas e a súa interpretación na película “Los santos inocentes” do papel de Régula.

Categoría: Noticias
Etiquetas: