O iMotion Comic®, “Meigas” da colección “Quotidianía Delirante” de Miguelanxo Prado, chegou ao 1º posto en descargas na sección “Libros- gratuitos” das App Store España, tras estar varias semanas no top ten.
Nas últimas tres semanas, “Quotidianía Delirante”, recibiu unha boa acollida por parte dos usuarios de App Store, situándoo nos primeiros postos de descargas gratuitas superando ata a “Kindle for iPhone” de Amazon, aplicación para ler en iPhone os Kindle Books de Amazon, líder a escala mundial na venda de libros a través de Internet.
A compañía galega, presidida por Pancho Casal, con este innovador formato de cómic interactivo dixital, convértese nunha das poucas que alcanzan estes postos, nos que a produción española aínda resulta escasa.
Na App Store, tenda oficial de Apple para a distribución de contidos para iPhone e iPod Touch, pódense atopar dúas versións de “Quotidianía Delirante”. A segunda versión que se lanzou a petición de usuarios cun sistema operativo non actualizado, tamén chegou e de forma simultánea, a estes primeiros postos, chegando a situarse no 5º lugar, da sección de descargas gratuitas da categoría libros.
Links de interese:
Video de demostración:
http://www.youtube.com/watch?v=3iWW_NA_X64
Enlace de Quotidianía Delirante no Apple iPod + iTunes Store:
http://itunes.apple.com/es/app/quotidiania-delirante-1-imotion/id356356294?mt=8