O FORO ACADEMIA ABERTA CONTINÚA HOXE COA PARTICIPACIÓN DE VICENTE ARANDA, JOSÉ NOLLA, ANTÓN REIXA E ALFONSO ZARAUZA

4 / 11 / 2009

O Consello da Cultura Galega acolle esta tarde a segunda xornada do Foro Academia Aberta “As regras do xogo”, organizado como cada ano pola Academia Galega do Audiovisual. Nesta sesión participarán representantes da industria do cine a nivel estatal e galego para tratar sobre o debate actual entre cine de alto e baixo orzamento. A entrada é libre e gratuíta.

Programa para o xoves, 5 de novembro

18:00 – 20:00  Mesa “Dous cines en conflito? Reflexións acerca do debate aberto na industria española entre o cine de alto e baixo orzamento”.

Expoñen:
– D. Antón Reixa, director e empresario audiovisual, presidente do CLAG.
– D. Alfonso Zarauza, director e guionista.
– D. José Nolla, produtor.
– D. Vicente Aranda, director de cine.

Modera
Dna. Mª José Arrojo, directora da Escola de Medios de Comunicación de La Voz de Galicia

O Foro Academia Aberta 2009

Durante tres xornadas programadas en semanas consecutivas e baixo o título “As regras do xogo”, o Foro Academia Aberta deseñado para a este ano aborda as problemáticas legais e administrativas coas que a creación audiovisual galega tense que enfrontar na actualidade. Participan representantes da industria galega e estatal, da Xunta de Galicia e das principais forzas políticas galegas.

O Foro foi inaugurado o pasado 28 de outubro e celebrará a súa terceira e última sesión o mércores 11 de novembro, coa mesa “O marco administrativo do audiovisual galego. Quen se ocupa do audiovisual na Xunta de Galicia?”. Nela estarán presentes o Director Xeral de Medios da Xunta de Galícia, Alfonso Cabaleiro; o Vicepresidente de AEGA, Jorge Algora; e o representante da Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego, Xabier Bermúdez, baixo a moderación da actriz María Bouzas.

Patrocinadores e Colaboradores

O Foro está patrocinado pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Medios, a  Consellería de Cultura e Turismo, e a Consellería de Industria e Economía. Ademais conta coa colaboración do Consello da Cultura Galega.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: