O EQUIPO DE CURTOCIRCUÍTO ASISTE EN CLERMONT AO FESTIVAL DE CURTAS MÁIS IMPORTANTE DO MUNDO

4 / 02 / 2011

O equipo que ven organizando durante 7 anos o Festival Internacional de Curtametraxes, “Curtocircuíto”, asiste dende o venres día 4 á 33ª Edición do máis importante Festival de Curtas no mundo: o de Clermont-Ferrand. O director do equipo, Tim Reford, encabeza esta asistencia na que –coma en anos anteriores- permite que Curtocircuíto participe dos máis importantes eventos audiovisuais, neste xénero, que se levan a cabo no mundo. A proxección internacional deste Festival galego –iniciativa da Concellería de Cultura do concello de Santiago- leva anos xa consolidada, se ben, increméntase cada ano toda vez que se incorporan no seu programa innovacións e actividades que enriquecen o mesmo, e atraen a milleiros de persoas dentro e fóra das nosas fronteiras.

O Festival en Clermont comeza o 4 de febreiro e remata o día 12. A asistencia de Tim Reford e o equipo antedito, permite ó mesmo tempo retroalimentarse das experiencias que o evento aporta, e garante o incremento de relacións internacionais que ven mantendo cada ano o Festival Internacional Curtocircuíto, que a Produtora Ficción-Producciones organiza dende a capital galega.

Categoría: Noticias
Etiquetas: