O DIRECTOR XERAL DE CONTRAPLANO DC, JUAN TORRES, FALARÁ DA COMPRA E VENTA DE FILMES EN EUROPA

18 / 03 / 2009

Juan Torres, director xeral da distribuidora española cinematográfica Contraplano DC/ Eurocine Films, afondará no CICA da Coruña, os próximos 20 e 21 de marzo, na importancia do coñecemento da estrutura e as regras que se rexen nos mercados para a venta de películas. 

 

 

Torres fará unha análise da situación actual do mercado europeo de cine, e explicará aos alumnos cáles son os principais territorios de produción e distribución de películas e os axentes que se moven nos mesmos. Abordará as consideracións que os produtores mundiais teñen do cine europeo e as claves para vender cine de autor. 

Juan Torres ten experiencia tanto en compras como en ventas de produtos audiovisuais, xa que traballou durante dous anos como executivo en Gemini Films y actualmente dirixe a distribuidora española Contraplano DC, ademais de ocupar o cargo de responsable de relacións internacionais de Eurocine Films e de encargarse da compra de produtos audiovisuais para outras marcas españolas.  

Contraplano DC é unha filial de Eurocine films, compañía de distribución independente catalá fundada en 2004 por Francisco Giró. Esta distribuidora especializada en lanzamentos de cine, conta cun departamento exclusivo para estrear películas comerciais e de arte e ensaio.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: