O CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA ESTARÁ NO SALES OFFICE DO FESTIVAL DE CINE DE SAN SEBASTIÁN

4 / 09 / 2008

O Consorcio Audiovisual de Galicia vai estar presente no Sales Office da 56 edición do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, que terá lugar do 18 ao 27 de setembro de 2008. Nesta ocasión o Consorcio vai acudir cun stand o cal pon á disposición dos profesionais de cara ás posibles reunións, así como para expor materiais promocionais.
O Consorcio, xunto con Screen South ten reservada unha sala para o martes 23 de setembro, desde ás 12.00h ata ás 14.00h para celebrar reunións cos 8 produtores británicos do programa CINE EURO de Cine Regio, asociación da que o Consorcio é socio fundador.

Os produtores británicos que asistirán son:

1. Sonic Pictures (Phillip Gates)
2. Sentinel Entertainment Ltd (Ben Pullen)
3. Kaleidoscope Films (Harriet Rees)
4. Santana Brothers (Lee Santana)
5. Artemis Films (Julia Taylor-Stanley)
6. Picture Palace North (Alex Usborne)
7. Medb Films (Elaine Wickham)
8. Medb Films (Jenny Walker)

Os interesados poden solicitar ao Consorcio o formulario de inscrición, o cal debe ser remitido debidamente cumprimentado ao enderezo electrónico proxectos@consorcioaudiovisualdegalicia.org

Categoría: Noticias
Etiquetas: