O CLAG ASISTE EN BERLIN AO EUROPEAN FILM MARKET

2 / 01 / 2009

Apostar decididamente pola internacionalización do sector é unha das principais estratexias do CLAG para 2009, un ano que se vai caracterizar por numerosas citas nos principais mercados do mundo.
A primeira terá lugar esta mesma semana, a partires do día 5 en Berlin, onde o Clúster viaxa ao European Film Market, EFM, un mercado organizado dentro dun dos máis importantes festivais de cine do mundo, a Berlinale. Na delegación do CLAG viaxa unha decena de empresas, Xamalú Filmes, Voz Audiovisual, Adivina, Ficción, Formato, Filmanova, Continental, Dygra Films, Abano Producións e Perro Verde Films.

O obxectivo desta misión empresarial do CLAG é promocionar a Galicia como polo produtor de contidos audiovisuais con gran nivel de calidade e innovación, e posicionar á industria audiovisual de Galicia nos circuitos internacionais, contribuíndo a que se indentifique como un sector que representa a toda a cadena de valor e capaz de completar o ciclo de produción.

Para optimizar a presenza de Galicia no EFM, o CLAG xestionou para as compañías galegas acreditacións ‘Market Badge’, que permiten o acceso a todos os recintos do mercado. Eso vailles permitir estar presentes en todas as seccións e programación: a sección oficial do Festival, Martin-Gropius-Bau, EFM Marriott Offices, EFM Screenings, proxeccións de prensa, Lounge de produtores e debates no Co-production Market, así como o rexistro na área da industria da web do mercado cunha cuenta personal.

EFM-Berlín, que se prolongará do 5 ao 15 de febreiro, está considerado un importante centro de negocios para o audiovisual, no que anualmente se dan cita máis de 6.000 profesionais. Na última edición, rexistraronse 80 países, 430 exhibidores e máis dun millar de compradores; e presentaronse 732 pezas cinematográficas, 557 premieres, e 1.105 proxeccións. Esta capacidade de convocatoria pon de relevo a dimensión do EFM e o interese que representa para futuros negocios das empresas galegas do sector, que terán a oportunidade de amosar as súas producións ante produtores, distribuidores e compradores internacionais e coñecer as novas tendencias do negocio cinematográfico.

Durante 2009 a presenza en mercados e circuitos internacionais é unha liña preferente no plan de actuación do CLAG, para favorecer a promoción e asistencia do sector aos principais foros, tanto tecnolóxicos como de contidos. Esta crecente presenza nos mellores escaparates sectoriais do mundo ten como obxectivos dar a coñecer e posicionar no exterior ás empresas galegas como plataforma de servizos audiovisuais, mellorar as oportunidades para a produción e distribución dos produtos audiovisuais galegos en todo o mundo e poñer ao alcance das compañías galegas as últimas tendencias do mercado.

Berlín é a primeira escala da axenda internacional do CLAG este ano, que terá as próximas citas en Lyon, para asistir ao Cartoon Movie; en Cannes, onde haberá unda doble cita no MIP TV de abril e no MIPCOM de outubro. Tamén estará presente no Mobile World Congress de Barcelona, no MóvilForum e no Broadcast de Madrid, onde por primeira vez forma parte como membro do comité organizador.

Categoría: Noticias
Etiquetas: