O CICA PECHA A SÚA TERCEIRA EDICIÓN CO MÓDULO DE COPRODUCIÓN INTERNACIONAL DE CINE

17 / 06 / 2009

Lluís Miñarro, propietario da produtora Eddie Saeta, falará o próximo venres 19 de xuño en CICA da coprodución internacional de cine. Informará aos alumnos das características e condicións que cada territorio establece á hora de negociar e das diferenzas entre coproducir unha película comercial a unha de autor.

Miñarro leva máis de dez anos dedicado ao cine de autor. Produciu ata o momento un total de catorce películas. Todas elas longametraxes independentes que representaron a España nos distintos festivais internacionais.

Destacan títulos como Cosas que nunca te dije (Isabel Coixet, 1996), que participou na sección Panorama do Festival de Berlín; Las manos vacías (Marc Recha, 2003), proxectada na sección Un Certain Regard del Festival de Cannes; e En la ciudad de Sylvia (José Luís Guerín, 2007), que competiu na Sección Oficial do Festival de Venecia e obtivo o Premio “Bisato de Oro” da Crítica.Eddie Saeta é unha compañía de produción audiovisual catalá especializada en ficción e documentais de creación e que iniciou a súa andaina en 1989.

Produciu diversos títulos que teñen en común o seu interese polo cine de autor e os valores artísticos. O sábado, Aránzazu Soler, avogada do Despacho Sánchez Pintado & Núñez, tratará a distribución internacional de obras audiovisuais desde o punto de vista legal, para o que fará un balance dos principais elementos dun contrato de compra e venta internacional.Soler exerceu como avogada, principalmente nas áreas de Propiedade Intelectual, Dereito Audiovisual e Dereito de Honor, nos departamentos de asesoría e de procesal do Despacho Suárez de la Dehesa Abogados.

En representación deste Despacho, desempeñou servizos de asesoría na sede da Entidade de Xestión de Dereitos dos Produtores Audiovisuais (EGEDA).  Impartiu clases de Propiedade Intelectual en escolas de cine, como na Escola de Artes Audiovisuais (EAV) desde 1996 ata 2000, e en Septima Ars desde 2001 ata o 2008. Actualmente forma parte do equipo de Abogados Sánchez Pintado & Núñez, onde continúa desenvolvendo a súa labor profesional nas mencionadas áreas. 

Con estas dúas sesións o Curso de Posgrao en Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais pon fin á súa III Edición, á que acudiron ao longo do curso máis de trinta profesionais do sector, pertencentes ás principais produtoras e axencias internacionais de cine e televisión.

Categoría: Noticias
Etiquetas: