O CICA DA CORUÑA ANALIZA O MERCADO VIDEOGRÁFICO E O FUTURO DA TELENOVELA

6 / 05 / 2009

Juan Carlos Tous, director xeral da distribuidora Cameo, tratará o próximo venres 8 de maio en CICA, a explotación videográfica dos títulos e a súa comercialización nas diferentes televisións.

 

O director xeral de Cameo expoñerá as claves da distribución de contidos, a través de formas innovadoras como a comercialización dos títulos en novos territorios e a explotación de todas as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías.

Tous leva 15 anos dedicado ao mercado videográfico español. Desde 1993 ata 2003 traballou en Manga Films e en xullo de ese mesmo ano creou a distribuidora Cameo Media. Esta empresa foi fundada por algunhas produtoras e distribuidoras españolas, Alta Films, Wanda Visión, Tornasol Films e Continental Producciones. En marzo de 2004, Golem Distribución incorporouse tamén como socio e en 2005 fíxoo El Deseo (a compañía de Pedro e Agustín Almodóvar).

Cameo Media é unha compañía de xestión de contidos para a comercialización e difusión de obras cinematográficas independentes, documentais, obras de teatro e musicais. O seu catálogo está composto por títulos de diversos xéneros artísticos: cine independente (Good bye Lenin, Las invasiones bárbaras, Los chicos del coro, Contra la pared), documentais (Fahrenheit 9/11, Super Size me, Startup.com), musicais (Caballé, más allá de la música, Gran Casal me como el mundo), series de televisión (Fawlty Towers, The young ones).

A última aposta de Cameo foi a película de Javier Fesser, Camino, situada nos primeiros postos de ventas de DVD desde o seu lanzamento o pasado 8 de abril e gañadora de seis premios Goya, incluíndo o de Mellor Película –é o cuarto ano consecutivo que un título de Cameo se fai con este premio, Mellor Dirección e Mellor Guión orixinal.

O sábado, Patricia Porto, directora de Televisa en Europa, explicará o mercado da telenovela, un xénero que está sufrindo un gran despegue comercial en países europeos e asiáticos onde ata o de agora a penas tiña relevancia.

Patricia Porto aportará a súa experiencia como directora de ventas de Televisa Estudios, empresa que ten gran presenza internacional e que se dedica á comercialización de produtos de ocio. Desde o 2003 Porto se encarga da comercialización de contidos da televisión mexicana, principalmente en Francia, Alemania, Italia, Grecia e Polonia e da representación de Televisa Internacional en eventos como Discop (Budapest),  MIPTV e MIPCOM (Cannes) ou Natpe (Las Vegas).

A directora de Televisa centrará parte da súa clase en explicar o proceso da venta da telenovela: análises e estudios de mercado para localizar oportunidades de negocio e clientes potenciais, materiais de promoción, argumentos de venta, seguimento a producións e elaboración de contratos. Tamén abordará as técnicas de cómo programar e producir este tipo de formatos. Para todo iso basearase en exemplos reais como Rubí e Rebelde.

Categoría: Noticias
Etiquetas: