O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) (rúa Durán Loriga, 10 baixo, A Coruña) proxecta mañá venres día 19 de xuño (23.00 horas) o premiado documental galego MANUEL Y ELISA (2008) de Manuel Fernández-Valdés. Presentan a película o seu autor e a produtora Fernanda del Nido. A entrada é gratuíta.
MANUEL Y ELISA
(España, 2008)
Dirección, guión e fotografía: Manuel Fernández-Valdés. Produción: Tic-Tac Producciones. Duración: 75 minutos.
Na pequena poboación galega de Rosal, situada na fronteira norte entre España e Portugal, viven Manuel Rodríguez e Elisa Flores, unha parella que leva 53 anos casada. Manuel e Elisa naceron neste lugar e malia o paso do tempo seguen desenvolvendo a súa vida cotiá chea de tarefas. Un dos documentais galegos que obtivo nos últimos anos un maior recoñecemento grazas á súa plasmación observacional dun microcosmos tan natural como intenso.
O CGAI PROXECTA O PREMIADO DOCUMENTAL “MANUEL Y ELISA”, COA PRESENZA DO AUTOR E A PRODUTORA
Categoría: Noticias
Etiquetas: