O CGAI PROXECTA HOXE AS CURTAS PREMIADAS NO FESTIVAL DE CINE DE CANS

14 / 07 / 2008

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) (Durán Loriga, 10 baixo, A Coruña) proxecta hoxe luns 14 de xullo ás 20.30 horas as curtas premiadas no último Festival de Cine de Cans. Os traballos serán presentados polo director do Festival, o tamén xornalista Alfonso Pato. A entrada é gratuíta.

Curtas FESTIVAL DE CANS

SÁLVAME (Javier Veiga, 2007). Duración: 21 minutos.
PERVERSA LOLA (Sonia Méndez, 2008). Duración: 19 minutos.
1977 (Peque Varela, 2007). Duración: 10 minutos.
A REVOLTA DOS MOUSES (David A. Gen, 2007). Duración: 14 minutos.
MÁIS CANS QUE NUNCA (Luis Otero, 2008). Duración: 7 minutos.

Duración total: 71 minutos.

Antoloxía de curtas premiadas no Festival de Cans: Proxección de «Sálvame», a comedia dirixida e protagonizada por Javier Veiga, gran triunfadora nos premios deste ano (Premio do xurado e do público); «Perversa Lola» , premio á mellor actriz para Nuria Sanz; os traballos de animación «1977», proxectada en Sundance e que emprega unha mestura de diversas técnicas (premio do Xurado) e «A revolta dos mouses», premio do público para un singular enfrontamento entre ratos (de ordenador) e lápices. Inclúese a movie-machine, composición con fotos e músicas, «Máis cans que nunca».

Categoría: Noticias
Etiquetas: