O CGAI E A USC ORGANIZAN O SEMINARIO ‘GALICIA EN NO-DO: COMUNICACIÓN, CULTURA E SOCIEDADE’

9 / 03 / 2010

O ‘Centro Galego de Artes da Imaxe’ en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) organiza este venres día 12 de marzo o seminario ‘GALICIA EN NO-DO: COMUNICACIÓN, CULTURA E SOCIEDADE (1942-1981)’.

Esta actividade, que terá lugar na Facultad e de Ciencias da Comunicación da USC, estará dirixida polo historiador do cine e catedrático da USC José Luis Castro de Paz, e contará coa presenza de recoñecidos expertos como Alfonso del Amo, Julio Pérez Perucha, Rafael Rodríguez Tranche e os tamén profesores da USC Margarita Ledo e Enrique Castelló.  

Todos os que desexen participar deste acto poderán matricularse gratuitamente, con previa inscrición, xa  que o límite de prazas está en 90. Segundo explica o director do seminario, José Luis Castro de Paz, este evento pretende “facilitarlles aos alumnos universitarios e a todos os interesados no audiovisual de Galicia unha aproximación tan sucinta como rigorosa á traxectoria histórica do noticiario cinematográfico creado polo Réxime franquista”. 

Esta actividade está vinculada ao Proxecto de Investigación “Galicia en NO-DO: Comunicación, cultura e sociedade (1942-1981)” (2009/PX219)  e participa, para a súa realización, a Filmoteca Española.

A relación de ponentes, así como os contidos e os horarios poden consultarse na web:  www.cgai.org

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: