O actor Xan Cejudo obtén o premio á Mellor Interpretación Masculina no Festival de Cine Social de Castela-A Mancha polo seu traballo na curtametraxe galega Dies dei, dirixida por Nani Matos.
Este premio, que será entregado o próximo 12 de outubro na gala de clausura do Festival que se celebrará no Teatro Garcilaso de la Vega de Toledo, vén a sumarse así, a outros moitos recoñecementos e distincións que o actor recibiu durante a súa longa traxectoria como actor e director