Laura Miñarro, responsable de Vendas de Imagina e Talinka Martínez, diretora do Área Internacional de ZZJ, acoden ás instalacións que CICA (Comercio Internacional de Contidos Audiovisuais) ten na Universidade da Coruña para explicar TÉCNICAS DE NEGOCIACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE FORMATOS TELEVISIVOS, os próximos 16 e 17 de febreiro XORNADAS SOBRE TECNICAS DE NEGOCIACIÓN E COMERCIALIZACIÓN INTERNACIONAL DE FORMATOS TELEVISIVOS
Laura Miñarro, responsable de Vendas de Imagina e Talinka Martínez, diretora do Área Internacional de ZZJ, acoden ás instalacións que CICA (Comercio Internacional de Contidos Audiovisuais) ten na Universidade da Coruña para explicar TÉCNICAS DE NEGOCIACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE FORMATOS TELEVISIVOS, os próximos 16 e 17 de febreiro. Laura Miñarro encargouse das vendas de series como Los Serrano, Periodistas, Un Paso Adelante nos principais mercados do mundo e domina os mercados internacionais de cine e televisión. Imagina International Seles, distribuidora da que é Responsable de Vendas, é o holding formado por Grupo Árbol e Mediapro, e, ten unha carteira de dereitos na actualidade que ascende a 130 producións, con case 3.000 horas de emisión entre programas, documentais e películas. As producións que integran a súa carteira están presentes en máis de 60 países, con liñas de distribución moi consolidadas en Europa, Latinoamérica e Canadá.
Talinka Matínez, Directora do Área Internacional de ZZJ, productora que se adica á creación e venda de formatos, vai mostrar na xornada do sábado os pasos necesarios para comercializar internacionalmente formatos televisivos. Comentará de modo práctico os elementos que determinan a existencia dun formato, a produción do mesmo
e a súa comercialización.