NOVAS DO SECTOR: XA HAI PRESENTADAS 40 CANDIDATURAS AOS PREMIOS EGANET 2007

1 / 03 / 2007

A día de hoxe un conxunto de 34 empresas galegas presentaron xa 40 candidaturas á IV Edición dos Premios EGANET 2007. As empresas interesadas en concorrer aos Premios aínda despoñen de prazo, xa que este se abriu o pasado 15 de febreiro e rematará o vindeiro 15 de marzo.
O prazo de presentación remata o 15 de marzo

XA HAI PRESENTADAS 40 CANDIDATURAS AOS PREMIOS EGANET 2007

A día de hoxe un conxunto de 34 empresas galegas presentaron xa 40 candidaturas á IV Edición dos Premios EGANET 2007. As empresas interesadas en concorrer aos Premios aínda despoñen de prazo, xa que este se abriu o pasado 15 de febreiro e rematará o vindeiro 15 de marzo.

As categorías máis solicitadas ata agora foron o Premio Comunicación Web (con 10 candidaturas presentadas), Premio Mellor Aplicación On Line (7), Premio Net-Art (6) e Iniciativa (6). Este ano EGANET convocou un total de 9 categorías, ademáis das xa mencionadas, o Premio E-Comerce, Premio Software Libre, Premio Comunicación Institucional Web, Premio Mellor Campaña de Publicidade e Premio Tecnoloxía Accesible. Das 34 empresas presentadas, 17 delas son da provincia de Pontevedra, 13 da Coruña e 4 de Lugo. Un ano máis estes Premios levantaron moito interese entre as empresas galegas adicadas á Rede, inscribíndose o mesmo día que se abría o prazo de presentación de candidaturas máis de 15 empresas.

Asemade, EGANET outorgará o Premio Especial EGANET, ao proxecto, entidade ou personalidade galega que dende a última edición dos Premios, máis se esforce en dar a coñecer e impulsar a realidade galega no contorno Internet e, deste xeito, contribúa a promocionar as novas tecnoloxías en Galicia. Para este premio non se recibirán candidaturas sendo a Asociación quen elixa directamente ao premiado.

EGANET anima a participar nestes Premios a todas aquelas empresas, asociacións, entes públicos e calquera outro organismo con sede social en Galicia que realizaron proxectos ao longo do ano 2006 no sector das TIC. Cada empresa poderá presentar o mesmo proxecto, como máximo a tres candidaturas, non habendo límite de presentación de proxectos. A presentación das candidaturas poderá facerse por calquera destas tres vías:

-cumprimentando o formulario que aparece na web www.premioseganet.com
-descargando o formulario .doc que aparece na web e enviando á dirección de correo candidaturas@premioseganet.com
– ou por correo postal na seguinte dirección: EGANET- Edif. Uninova (Recinto Mercagalicia); Vía La Cierva s/n Políg. Ind. do Tambre. 15890 Santiago de Compostela.

Para máis información consultar na páxina web www.premioseganet.com ou no teléfono 981-936.331.

Categoría: Noticias
Etiquetas: