NOVAS DO SECTOR: UN MEMBRO DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL, DAVID MARTÍNEZ, NOVO DIRECTOR DE FICCIÓN DE TVE

16 / 02 / 2007

Un membro da Academia Galega do Audiovisual, David Martínez, Director Xeral de produtoras como Grupo Voz e Filmanova, convértese no novo Director de Ficción de TVE. Un cargo de alta responsabilidade que xestiona a participación do ente estatal na producción audiovisual que se realiza en España UN MEMBRO DA A.G.A. DAVID MARTÍNEZ, DIRECTOR DE FICCIÓN DE TVE

Un membro da Academia Galega do Audiovisual, David Martínez, Director Xeral de produtoras como Grupo Voz e Filmanova, convértese no novo Director de Ficción de TVE. Un cargo de alta responsabilidade que xestiona a participación do ente estatal na producción audiovisual que se realiza en España.
O pasado 15 de xaneiro TVE trocou de presidente sendo nomeado Luis Fernández. Desde esas datas estase a aplicar un continuo proceso de cambio, promoción e renovación que coincidiu hoxe con varios nomeamentos a ascensos que afectan sobre todo á Dirección de Programación e Contidos.
David Martínez é abogado de profesión cunha excelente traxectoria profesional, encabezando, con éxito, varios empresas audiovisuais en Galicia.

Categoría: Noticias
Etiquetas: