NOVAS DO SECTOR: Rosa dos ventos PRESENTA O SEU TRAILER

24 / 04 / 2007

A curtametraxe Rosa dos ventos xa dispón de trailer na páxina web sobre a cinta http://www.rosadosventos.es. A produción de Jairo Iglesias e Sara Horta realiza deste xeito a súa carta de presentación de cara ao público.
ROSA DOS VENTOS PRESENTA O SEU TRAILER

BELEN CONSTENLA E MIGUEL BORINES PROTAGONIZAN ESTA CURTA SOBRE O MAR

A curtametraxe Rosa dos ventos xa dispón de trailer na páxina web sobre a cinta http://www.rosadosventos.es. A produción de Jairo Iglesias e Sara Horta realiza deste xeito a súa carta de presentación de cara ao público.

O equipo artístico desta curta, composto por Belén Constenla (no papel de Rosa), Miguel Borines, María Castro e Fernando Morán, vese envolto nunha historia rodeada de amor e soidade, lembranzas e morriña nunha vila da Costa da Morte. O marido de Rosa levouno o mar e non regresará. A chegada de Sara fará que Rosa se atope cara a cara co paso do tempo.

Rosa dos ventos é a terceira curtametraxe de produccionesRETRATO. Están previstas estreas a mediados de maio en A Coruña, Santiago de Compostela e Malpica, vila mariñeira na que foi gravada a curta a comezos de setembro do ano pasado.

A curtametraxe conta co apoio da Consellería de Cultura e Deporte da XUNTA DE GALICIA e a Dirección Xeral de Xuventude; Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, producida por produccionesRETRATO e Mr.Misto Films e coa colaboración do Concello de Malpica, PousadaSon, Recreativos Ogeppik, Dobleclic.info, Gadisa e Alcomte Galicia.

CONTACTO

Debido á promoción da nova curta de Jairo Iglesias, produccionesRETRATO estrea hoxe luns unha sala de prensa con fotografías en alta resolución e outro contido ó que poderán aceder na seguinte dirección:

http://www.rosadosventos.es/prensa

Categoría: Noticias
Etiquetas: