NOVAS DO SECTOR: RESPONSABLES DOS PRINCIPAIS CERTAMES CINEMATOGRÁFICOS DE GALICIA REÚNENSE COA DIRECCIÓN XERAL DE COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL

13 / 02 / 2007

Na xuntanza entre representantes dos festivais de cine, mostras e certames audiovoisuais de Galicia, sentáronse as bases para a adopción de medidas de promoción exterior e para coordinar un calendario de celebración de festivais que permitan facilitarlle ós profesioanis do sector e ó público en xeral, coñecer a diversidade de festivais e demais eventos que se celebran en Galicia Responsables dos principais certames cinematográficos de Galicia reúnense coa Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual

Na reunión entre representantes dos festivais de cine, mostras e certames audiovisuais de Galicia sentáronse as bases para a adopción de medidas de promoción exterior, e para coordinar un calendario de celebración de festivais que permitan facilitarlle aos profesionais do sector e o público en xeral coñecer a diversidade de festivais e demais eventos que se celebran en Galicia.
A Secretaría Xeral de Comunicación é consciente da importancia que posúen os festivais e mostras no sector audiovisual, como actos públicos de promoción das producións audiovisuais e o relevante efecto divulgativo que producen, propiciando un contexto competitivo ou de mera participación no que se favoreza a excelencia profesional e aproveitando o beneficioso efecto que producen no sector audiovisual galego.

É por iso que o ano pasado convocouse por primeira vez unha liña de axudas para a promoción e difusión do audiovisual galego dotada con 300.000 ¤. Dentro desa liña de axudas contemplábase unha liña dedicada ao desenvolvemento e organización de festivais, a resolver mediante concorrencia competitiva entre as distintas entidades que veñen organizando este tipo de eventos na nosa xeografía, distribuíndose o crédito entre todas as solicitudes presentadas e resultando ser os seus beneficiarios 15 festivais e mostras

Con estes eventos incentívase a profesionalidade e mellórase o coñecemento das producións audiovisuais e mais poténciase a imaxe xeral do audiovisual galego, consolidándoa. Tamén se considera de interese a procura de oportunidades de compartir e proxectar un axeitado perfil profesional deste sector.

Categoría: Noticias
Etiquetas: