NOVAS DO SECTOR: PASES DE PRENSA E PREESTREAS. O NENO DE BARRO, de Jorge Algora. A maldade ten 10 anos

29 / 04 / 2007

MARIBEL VERDÚ (El Laberinto del Fauno), CHETE LERA (Abre los ojos), DANIEL FREIRE (Lucía y el sexo) e o neno JUAN CIANCIO protagonizan este thriller, que chegará ás nosas pantallas o vindeiro 18 de maio.
PASES DE PRENSA E PREESTREAS. O NENO DE BARRO, de Jorge Algora. A maldade ten 10 anos

MARIBEL VERDÚ (El Laberinto del Fauno), CHETE LERA (Abre los ojos), DANIEL FREIRE (Lucía y el sexo) e o neno JUAN CIANCIO protagonizan este thriller, que chegará ás nosas pantallas o vindeiro 18 de maio.

Inspirada en feitos reais, O NENO DE BARRO introdúcenos na arrepiante mente de O Petiso Orejudo, o primeiro neno asasino en serie da historia.
No Bos Aires de 1912, unha serie de brutais asasinatos a menores esténdese pola cidade. Mateo, con tan só 10 anos, agocha un segredo: ás veces, a súa mente condúceo a un escuro lugar da memoria onde é testemuña dos ataques. Este don transformarao no principal sospeitoso.
JORGE ALGORA estuda na Escola de Arte Dramático de Madrid. En 1984 realiza a súa primeira peza audiovisual e ata hoxe traballou ininterrumpidamente na dirección e realización de programas de televisión, documentais e publicidade. En 2005 dirixe a súa primeira longametraxe de ficción para televisión, MINTIENDO A LA VIDA con Fermí Casado, Pep Munné, Cristina Plazas e Chete Lera.

Pases e Rolda de prensa
Barcelona: 14 de maio
10 horas: sólo pase de prensa. Cine Verdi Park (Torrijos, 49)
Madrid: 16 de maio
Casa de América (Paseo de Recoletos, 2)
10 horas: pase de prensa
11.45 horas: photocall
12 horas: Rolda de Prensa coa presenza do director, JORGE ALGORA
e os actores MARIBEL VERDÚ, DANIEL FREIRE, CHETE LERA y JUAN CIANCIO.
Première
Cine Capitol (Gran Vía, 41)
21.30 horas: photocall
22 horas: première con todo o equipo

A Coruña: 17 de maio
Cines Filmax A Coruña (Puerto Centro de Ocio)
10.30 horas: pase de prensa
21.00 horas: entrevistas
21.30 horas: photocall + première coa presenza do director, JORGE ALGORA
e os actores MARIBEL VERDÚ, DANIEL FREIRE, CHETE LERA e JUAN CIANCIO.

Para xestionar entrevistas co equipo da película ponte en contacto co departamento de prensa de Filmax: 93 336 85 58 /55 Katia Casariego (618 87 41 96) e Ainhoa Pernaute (690 69 46 53) e en Galicia con Laura Pazos no 981 638 569 ou 686 54 19 23.
Fotos, trailer, clips e toda a información da película na nosa web www.onenodebarro.com

Categoría: Noticias
Etiquetas: