NOVAS DO SECTOR: OITO DOCUMENTAIS NA TERCEIRA XORNADA DE PLAY-DOC EN TUI

22 / 03 / 2007

Mañá venres en Play-Doc comezan as actividades paralelas, amais das proxección ten lugar a primeira conferencia do Foro Documental e esta noite celébrase o primeiro concerto.
Oito documentais na terceira xornada de Play-Doc

Haberá proxeccións ás 12.00, 16.30, 18.30, 20.30 y 22.30 no Teatro Municipal de Tui

Mañá venres en Play-Doc comezan as actividades paralelas, amais das proxección ten lugar a primeira conferencia do Foro Documental e esta noite celébrase o primeiro concerto.

A primeira cita do día será ás 11 da mañá, na Sala de Conferencias da Área Panorámica co Foro Documental. Trátase dunha nova aposta de Play-Doc co apoio da Axencia do Audiovisual Galega, na que serán protagonistas catro figuras do audiovisual europeo. Serán Linda Beath, Catherine Buresi, Jacques Laurent e Enrique Nicanor. Hoxe e mañá manterán un encontro cos profesionais do sector para abordar a situación actual do mercado, as novas oportunidades para o desenvolvemento de proxectos e o seu financiamento.

Unha hora despois, ás 12 do mediodía, terá lugar a primeira proxección desta xornada. Será Kha Chee Pae (Chacipe) que compite na sección de Longametraxes coa vida dun orfanato. A cinta chega da República Checa. Logo proxectase a croata Plac (O mercado) que compite na sección de longametraxes.

Ás 16.30h proxéctase Soños dende o Abismo na que a directora Sandra Sánchez se adentra no proceso de creación da longametraxe De profundis de Miguelanxo Prado e do compositor Nani García. A cita pertence á sección Foco Galicia.

Ás 18.30h e dentro de Atlántico proxéctase Un pouco máis pequeno ca o Indiana coa historia dunha viaxe por Portugal nun vello Mercedes.

Ás 20.30h chegará o documental Popaganda: arte e crimes de Ron English no que Pedro Carvajal conta a historia deste controvertido artistas norteamericano que estes día está en Tui, onda amais temos unha exposición da súa obra en vallas publicitarias.

Pechan as funcións de hoxe, ás 22.30h, dúas películas a concurso A intimidade dos descoñecidos na categoría de Curtametraxes e Viaxe en Sol maior en Longametraxes.
Primeiro concerto: Dead Combo
E para rematar a xornada a Sala Metropol acolle o primeiro dos concertos programados nas actividades paralelas de Play-Doc. Esta noite actúan os lisboetas Dead Combo que lle poñen a banda sonora ao documental Un pouco máis pequeno ca o Indiana. O ano pasado este grupo foi considerado coma o mellor disco do ano en Portugal. Tras eles esta noite actuará Azidchil e ISO. A entrada para o concerto ten un custo de 10¤, 8¤ co abono de Play-Doc.

Venres 23 de marzo

Ruedas de Prensa
• 11.00h Primeira conferencia do Foro Documental (Sala de conferencias)
o A cargo de Catherine Burse, Jacques Laurent y Linda Beath. Modera Enrique Nicanor.
• 12.00h Rueda de Prensa*
o Ron English
o Pedro Carvajal, director de POPaganda, arts e crimes of Ron English
• 12.30h Rueda de Prensa*
o Eva Weber, directora de The intimancy of strangers – UK
o Samantha Zarzosa, productora de The intimacy of strangers- UK

Proxeccións
– 12.00h .- Kha Chee Pae  Longametraxes
O Mercado  Curtametraxes
– 16.30h .- Soños desde o abismo  Foco Galicia
– 18.30h .- Un pouco máis pequeno que Indiana  Atlántico
– 20.30h .- POPaganda, the art and crimes of Ron English
– Unha moza chamada Kay  Curtametraxes
– 22.30h .- A intimidade dos descoñecidos  Curtametraxes
Viaxe en Sol Maior Longametraxes

Concertos
 00.00h.- Concierto Dead Combo en la Sala Metropol
 Al finalizar: Azidchild & ISO (Crazy1 LabWorks)

Categoría: Noticias
Etiquetas: