O proxecto documental O Trinta, producido por Tic Tac Producciones, acaba de ser seleccionado para participar na bolsa de proxectos do MERCADOC o vindeiro mes de maio. Únicamente doce proxectos son admitidos nesta convocatoria anual, que leva a cabo o Festival de Málaga xunto cun comité internacional de selección formado polo EDN (European Documentary Network). O TRINTA NO MERCADOC
O proxecto documental O Trinta, producido por Tic Tac Producciones, acaba de ser seleccionado para participar na bolsa de proxectos do MERCADOC o vindeiro mes de maio. Únicamente doce proxectos son admitidos nesta convocatoria anual, que leva a cabo o Festival de Málaga xunto cun comité internacional de selección formado polo EDN (European Documentary Network).
O proxecto que dirixe o novo director Manuel Fdez-Valdés que está protagonizado polo carismático artesán do Rosal, Manuel Rodríguez, O Trinta, e maila súa muller, presentarase en Málaga o 4 de maio ante un panel de commissioning editors co obxectivo de darlle o proxecto unha traxectoria internacional.
O documental que neste momento se atopa a piques de comezar a segunda fase de rodaxe, recibiu o pasado mes de xuño ó apoio da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, conta ademais coa colaboración da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.