A sé do Instituto Cervantes en Berlín acollerá entre o 26 de xaneiro e o 23 de febreiro, un ciclo que reunirá unha selección representativa da produción galega de 2006, realizada pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta. O INSTITUTO CERVANTES DE BERLÍN ACOLLERÁ UN CICLO DE CINE GALEGO ACTUAL
A sé do Instituto Cervantes en Berlín acollerá entre o 26 de xaneiro e o 23 de febreiro, un ciclo que reunirá unha selección representativa da produción galega de 2006, realizada pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta. A selección para este ciclo inclúe un filme comercial de ficción (Mía Sarah, que se poderá ver o 26 de xaneiro); un filme de autor de animación (De profundis, o 2 de febreiro); un documental sobre a memoria (Memorial de Camposancos, el 9 de febreiro); un documental científico (2050. How Soon is Now?, o 16 de febreiro); e unha antoloxía de curtas cuxos títulos aínda están por decidir (o 23 de febreiro). A mostra enmárcase dentro das actividades de promoción da cultura galega que está levando a cabo o Instituto Cervantes en Berlín.