NOVAS DO SECTOR: O DOCUMENTAL LA CASA DE MI ABUELA GAÑA O FESTIVAL MÁIS IMPORTANTE DE ASIA

8 / 11 / 2006

A empresa IB Cinema ten o pracer de informar da consecución por parte do documental La Casa de mi Abuela do Gran Premio a Mellor Película Documental do Festival Internacional de Documentais de Taiwan, que se celebrou a seman pasada na capital de Taiwan, Taipei. O TIDF é o festival máis importante adicado os documentais de Asia, dotado cun importante premio de 10.000 dólares para o gañador absoluto do Festival que neste caso foi La Casa de mi Abuela impoñéndose a outros quince traballos de todo o mundo.
O DOCUMENTAL LA CASA DE MI ABUELA GAÑA O FESTIVAL MÁIS IMPORTANTE DE ASIA.

A empresa IB Cinema ten o pracer de informar da consecución por parte do documental La Casa de mi Abuela do Gran Premio a Mellor Película Documental do Festival Internacional de Documentais de Taiwan, que se celebrou a seman pasada na capital de Taiwan, Taipei. O TIDF é o festival máis importante adicado os documentais de Asia, dotado cun importante premio de 10.000 dólares para o gañador absoluto do Festival que neste caso foi La Casa de mi Abuela impoñéndose a outros quince traballos de todo o mundo.

A traxectoria de premios internacionais obtidos polo documental LA CASA DE MI ABUELA podese considerar como única na historia do documental en España. Gañador do Joris Ivens no Festival de Documentales de Ámsterdam, convertía a LA CASA DE MI ABUELA nun dos documentais españois de maior trascendencia internacional dos últimos anos. Os sucesivos éxitos en Chicago, Miami, Pamplona, Madrid, Toronto, Belgrado ou Brooklyn so facían consolidar unha traxectoria que remata coa estrea nos Estados Unidos e a súa pre-selección para os premios Oscars. Ademáis da súa recente Nominación ó mellor documental ós Premios Europeos do Cine

Categoría: Noticias
Etiquetas: