Lembremos que esta curta foi a gañadora do concurso Curtas na rede (da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual e o Consello da Xuventude de Galicia)do ano pasado e nela descríbese a vida oscilante dun creador na procura dunha musa na que inspirarse. Esta temática está desenvolta dunha maneira imaxinativa e eficaz.
O CONXURO VIAXA DE FESTIVAL EN FESTIVAL
A afamada curtametraxe de animación do director Pablo Millán segue coa súa vida por festivais internacionais. Deste xeito acaba de ser elexido para ser mostrado en festivais de EE.UU. e Reino Unido.
Lembremos que esta curta foi a gañadora do concurso ´Curtas na rede´ do ano pasado e nela descríbese a vida oscilante dun creador na procura dunha musa na que inspirarse. Esta temática está desenvolta dunha maneira imaxinativa e eficaz.
O conxuro xa ten unha vida moi prolongada por festivais de medio mundo. Unha carreira que agora en marzo terá un dobre chanzo; o Boston Undergraund Film Festival (EE.UU.) e en Bradford Film Festival (Inglaterra).