NOVAS DO SECTOR: MARATON PLAY AVID NO PLAY-DOC, FESTIVAL INTERNACIONAL DE DOCUMENTAIS DE TUI

22 / 01 / 2007

Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui terá lugar do 21 ao 25 de marzo de 2007. Na súa terceira edición, Play-Doc en colaboración con Avid Technology S.L. poñerá en marcha o Maratón Play Avid.doc para o apoio e fomento dos novos realizadores que inician os seus pasos no mundo do documental.
MARATON PLAY AVID.DOC

Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui terá lugar do 21 ao 25 de marzo de 2007. Na súa terceira edición, Play-Doc en colaboración con Avid Technology S.L. poñerá en marcha o Maratón Play Avid.doc para o apoio e fomento dos novos realizadores que inician os seus pasos no mundo do documental.
Devandita actividade ten como obxetivo final facilitar a realización dun proxecto documental, para iso os participantes deberán pasar por un proceso de selección que se desenvolverá en tres fases:

1.- SELECCIÓN PARTICIPANTES

A partir dunha convocatoria de concurso de proxectos un comité designado polo Festival seleccionará cinco proxectos-documentais (5) para participar no maratón Play Avid.doc.

Esta selección realizarase mediante convocatoria aberta a todo realizador novel natural de, ou residente en Galicia.
Os interesados deberán enviar a ficha de inscrición adxunta debidamente cumprimentada, antes do 24 de febreiro de 2007, a:

info@play-doc.com
beatriz_moreno@avid.com

Para máis información:

www.avidarena.com
www.play-doc.com

Valorarase positivamente que o proxecto-documental presentado conte cunha información o máis completa posible. Ver ficha de inscrición:

2.- MARATÓN PLAY AVID.DOC

Durante os días do festival os participantes seleccionados terán que realizar unha curta documental nun periodo limitado de tempo, poñendo así a proba a súa destreza técnica e imaginativa.

O obxetivo é rodar en Tui e capturar, en pouco tempo, a esencia do tema elixido. Todo de forma rápida, espontánea, demostrando talento e creatividade.

Descrición do Maratón

Durante os días de celebración do festival os cinco (5) equipos seleccionados formados por 1 ó 2 persoas serán invitados polo festival (2 persoas por equipo, aloxamento e 1 comida/día durante 5 días), que deberán contar coa súa propia cámara MiniDV (SD) para gravar e editar as súas curtametraxes documentais.

Proporcionaraselles un TEMA, común para todos os equipos, e terán un tempo limitado (+ /- 45 horas) para gravar e montar unha peza de non máis de 5 minutos de duración.

Inicio do Maratón:
Mércores 21 de marzo ás 10:00 horas
A organización entregará unha cinta de 60 minutos de duración e o TEMA sobre o que terán que realizar a curtametraxe documental.

Fin de Grabación:
Xoves 22 de marzo 19:00 horas
Os participantes deberán entregar o material gravado antes das 19:00 horas no lugar que a organización lles indicará o día do comezo da grabación.
Avid encargarase de volcar e dixitalizar cada unha das cintas, deixando o material preparado para a súa montaxe ao día seguinte.

Día de Montaxe:
Venres 23 de marzo de 9:00 a 20:00 horas
Realizarase na sala indicada pola organización onde dispoñerán dun portátil con software de edición Avid Xpress Prol por equipo e o apoio de persoal de Avid como soporte.

As curtas serán proxectadas durante o festival e unha delas será premiada mediante o voto do público.

REGULAMENTO DO MARATÓN

1.- O máximo de material bruto que se pode gravar será de 60 minutos.
2.- A cinta proporcionaraa o propio festival.
3.- A película final non poderá superar os 5 minutos. Se algún dos participantes se excede desta duración quedará automáticamente descalificado.
4.- Os participantes gravarán coa súa propia cámara (formato MINI DV).
5. Recoméndase que os participantes sexan o director e o montador do documental.
6.- A montaxe final deberá levar a cabecera inicial Cortometraje realizado en el Maratón Play Avid.doc del Festival Play-doc 2007.
7.- A selección e inclusión de música será responsabilidade dos participantes.
8.- A organización entregará os brutos e unha copia da montaxe final a cada participante en formato MINI DV.
9.- As curtas resultantes serán proxectadas durante o festival.
10.- O premio será otorgado polo voto do público.
11.- O gañador recibirá un software de edición Avid.
12.- A organización do festival e Avid teñen a autorización dos autores para utilizar as súas curtas en accións de promoción, divulgación e exhibición das mesmas tanto nas súas accións de marketing e a través dos seus medios de comunicación (webs, DVDs, Prensa).

3.- PLAY-DOC e AVID PRESENTAN…

Para rematar, a organización do festival e Avid elixirán un proxecto de entre os cinco seleccionados na primeira fase deste Maratón, e aportará todas as necesidades técnicas e de produción para que este proxecto-documental convértase nunha obra finalizada coa máxima calidade técnica e profesional.

Os criterios para conceder este premio serán:
-Valoración do proxecto presentado na primeira fase.
-Valoración da peza curta realizada durante o MARATÓN PLAY AVID.DOC.
-Voto do público de Play-Doc.

Condicións de produción do proxecto ganador.

1.- Play-Doc aportará en concepto de gastos de produción do documental, unha dotación económica acorde coa avaliación do proxecto polo comité de selección.
Avid aportará os medios técnicos e profesionais necesarios para que o autor finalice a súa obra (postproducción en formato video) coa máxima calidade técnica posible.

2.- Play-Doc e Avid resérvanse o dereito a deixar este premio deserto se consideran que ningún dos cinco proxectos presentados reúne as garantías para levalo a cabo.

3.- Play-Doc e Avid, como productores, resérvanse a xestión dos dereitos sobre as obras producidas.

A participación no Maratón Play-Avid.doc supón a aceptación das presentes

Categoría: Noticias
Etiquetas: