É un verdadeiro pracer achegarvos esta invitación para participar no vindeiro Foro Documental que terá lugar os días venres 23 e sábado 24, no marco da terceira edición do Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui Estimado/a amigo/a:
É un verdadeiro pracer achegarvos esta invitación para participar no vindeiro Foro Documental que terá lugar os días venres 23 e sábado 24, no marco da terceira edición do Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui.
Trátase dun encontro dirixido a profesionais do audiovisual galego e europeo no que se falará das últimas tendencias do documental, a TV, o cine, e todo o que vén, e tamén do financiamento e o mercado.
O foro estará moderado por:
Enrique Nicanor. Produtor e Realizador, E. Nicanor foi Director da Segunda de TVE, Presidente de INPUT, a Organización Internacional de TV Pública e actualmente es Técnico para asuntos Audiovisuais da Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia ante o Consello de Europa.
E contará ademáis coa presencia de:
Catherine Buresi. Xefa do Grupo Técnico de EUROMED Audiovisual. O programa da Comisión Europea para o desenvolvemento do audiovisual dos países Mediterráneos, Catherine Buresi foi previamente, responsable do Programa Europeo de Formación de Produtores EAVE e do EAVE-Network de co-produción en asociación cos mercados europeos máis destacados do audiovisual.
Jacques Laurent. Realizador e Produtor. Director de CAPENETWORK, a organización europea de promoción de proxectos e eventos audiovisuais internacionais. Jacques Laurent foi dende os seus inicios, responsable da Unidade Documental da Cadea ARTE, (Francia/Alemańa), participando na creación dun dos proxectos de desenvolvemento Documental e de TV máis importantes dos últimos ańos en Europa: a propia cadea de TV ARTE.
Linda Beath. Norteamericana, asentada en Europa, Linda Beath é Experta en Financiamento e Desenvolvemento de Proxectos Internacionais. Con gran experiencia de negocio e formación profesional, é organizadora de CROSSROADS, o mercado de proxectos que anualmente se celebra no Festival de Salónica.
Nos encantaría poder contar coa vosa presencia!
Horario: 23 y 24 de marzo de 11h a 14h
Lugar: Sala de conferencias do Teatro Municipal da Área Panorámica de Tui
Entrada de balde. Prégase confirmar asistencia enviando e-mail a
prensa@play-doc.com ou no telf 986 60 71 61
NOVAS DO SECTOR: INVITACIÓN DE PLAY-DOC PARA PARTICIPAR NO FORO DOCUMENTAL DOS DÍAS 23 E 24
Categoría: Noticias
Etiquetas: