NOVAS DO SECTOR: HÉCTOR CARRÉ PUBLICA A SÚA PRIMEIRA NOVELA

23 / 04 / 2007

O académico Héctor Carré, invita ós amigos e demais descoñecidos á presentación da súa primeira novela, DIARIO DO IMPOSTOR, que se peresenta o xoves 26 ás 8 da tarde na Galería Sargadelos de A Coruña. Hola a todos:

Compráceme comunicar ós catro ventos, a todos os amigos e máis a os
descoñecidos, a publicación da miña primeira novela, Diario do impostor. Edicións Xerais 2007.

O acto de presentación terá lugar este xoves ás 20:00 Horas na galería
Sargadelos da Coruña, situada na rúa Real nº 57. Miguel Anxo Fernández terá a bondade de exercer de introductor da obra.

Por desgracia non podo regalar o libro a todo aquel que sexa tan amable de acompañarnos en tan feliz momento, posto que a editorial non me entregou suficientes exempleras, pero adicarei con moito pracer todos os que compredes.
Incluso se algún de vos, pola precario da situación que nos toca vivir, prefire simplemente darme un coma oito euros, que é o que en boa lide correspóndme por novela vendida, aceptareino de bo grado e farei un breve pero apaixoado resumo da historia e das razóns que me levaron a escribila.

Un afectuso saúdo.

Héctor Carré.

Categoría: Noticias
Etiquetas: