A Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC organiza durante dous días unhas xornadas adicadas á celebración da graduación da terceira promoción dos alumnos dos Ciclos Superiores de Realización e Produción de Audiovisuais. AS FOTÓGRAFAS INMA E YOLANDA PURRIÑOS E ANTÓN REIXA SERÁN OS ENCARGADOS DE CLAUSURAR O CURSO DA ESCOLA DE IMAXE E SON
A Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC organiza durante dous días unhas xornadas adicadas á celebración da graduación da terceira promoción dos alumnos dos Ciclos Superiores de Realización e Produción de Audiovisuais.
Con este motivo as instalacións da EIS acollerán mañá mércores, día 27 ás sete da tarde unha conferencia das fotógrafas vilalbesas Inma e Yolanda Purriños, gañadoras dun Goya de fotografía no apartado de Publicidade, no ano 2003. Serán elas as que a continuación inaugurarán a exposición das fotografías seleccionadas para o concurso Recunchos de Cine, promovido pola EIS.
A xornada do xoves, día 28, comezará ás nove da noite coa entrega de diplomas aos titulados por parte do padriño, que nesta ocasión será o polifacético Antón Reixa. Este acto incluirá diversas actividades nas que ademáis de proxectar as curtametraxes realizadas durante este curso polos alumnos, haberá unha actuación dun DJ e a realización dun graffiti en directo.
Deste xeito, a Escola de Imaxe e Son de Lugo porá punto e final ás actividades do curso 2006-2007.