Este sábado 21 de xullo ás 21:55 emitirase en TV3 a última TV Movie producida por Adivina e dirixida por Llorenç Soler. Na película participaron varios profesionais do audiovisual galego. Isabel Blanco interpreta o papel de Nuria, la produción executiva correu a cargo de Susana Maceiras de Adivina Producciones xunto con Joan Ginard, Pepe Flores e Victoria Salinas A TV MOVIE DE ADIVINA, VIDA DE FAMILIA, EMITIRASE NO PRIME TIME DE TV3
Este sábado 21 de xullo ás 21:55 emitirase en TV3 a última TV Movie producida por Adivina e dirixida por Llorenç Soler. Na película participaron varios profesionais do audiovisual galego. Isabel Blanco interpreta o papel de Nuria, la produción executiva correu a cargo de Susana Maceiras de Adivina Producciones xunto con Joan Ginard, Pepe Flores e Victoria Salinas.
Igualmente, a montaxe da película correu a cargo de Rita Romero, e, o director, Llorenç Soler, mantivo a partir dos seus comezos unha estreita relación con Galicia, ao realizar varios documentais na Galicia dos anos 70, o que lle valeu a medalla de ouro da Academia Gallga do Audiovisual 06.
O filme, que empregou os medios de rodaxe de Alta Definición de Adivina Producciones, conta tamén coa presenza de Ana Fernández ( Solas de Benito Zambrano) Cristina Brondo, Ricard Sales e Miquel García Borda, ademais da colaboración especial de Mercedes Sampietro.
Vida de familia, é unha historia baseada en feitos reais que narra a historia de Marta, unha muller que está chegando a corentena e que decide ter un fillo coa súa parella, Vanesa. Se atopará con moitos problemas, uns debidos á súa condición sexual e outros pola diferencia de idade que hai entre ela e a súa compañeira sentimental, máis centrada na súa carreira profesional.