Mañá remata a rodaxe da longametraxe Después de la lluvia, unha coprodución galego-catalana que levan a cabo as empresas Ficción Producciones de Galicia, e Diagonal TV de Cataluña, e na que colaboran tamén as televisións autonómicas de ámbalas comunidades: TVG e TV3. A rodaxe levouse a cabo nunha soa localización en Sabadell, Barcelona, no Edificio Torre Millenium.
A PRODUTORA GALEGA FICCIÓN PRODUCCIONES E A CATALANA DIAGONAL TV, REMATAN MAÑÁ A RODAXE DE DESPUÉS DE LA LLUVIA
A película está coproducida por TVG e TV3
Santiago, xoves 23 novembro 2006
Mañá remata a rodaxe da longametraxe Después de la lluvia, unha coprodución galego-catalana que levan a cabo as empresas Ficción Producciones de Galicia, e Diagonal TV de Cataluña, e na que colaboran tamén as televisións autonómicas de ámbalas comunidades: TVG e TV3. A rodaxe levouse a cabo nunha soa localización en Sabadell, Barcelona, no Edificio Torre Millenium.
Esta longametraxe, na que tódolas actrices e actores son realmente protagonistas, conta no reparto artístico con Candela Peña, Marina Gatell, Olalla Escribano, Vicenta N’Dongo, Marisa Paredes, Jordi Bosch, Álex Brendemühl, Roger Casamajor, Enric Majó e Secundino de la Rosa.
A película rodada para televisión, está baseada na obra homónima do escritor Sergi Belebel, e guionizada polo non menos prestixioso escritor Miquel Obiols.
Esta obra foi adaptada por Miquel Obiols e Agustí Villaronga, e á fronte da dirección está Agustí Villaronga tamén. A produción executiva corre a cargo de Julio Casal e Albert Sagalés, por Ficción Producciones e Diagonal TV respectivamente. Manel Encina, Xavier Gil, Ana Álvar González, Xela Navarro, Emma Tutusaus, Emmanuelle Badous e Natxo Ortúzar, responsabilizáronse de axudar na dirección, da dirección de fotografía, a dirección de arte, a de produción, do maquillaxe, vestiario e da xefatura de son respectivamente.
Algo de historia… actual
A acción transcorre nunha gran cidade onde hai máis de dous anos que non chove. A acción sitúase nun edificio dunhas oficinas de alto standing, basicamente a azotea, os despachos, o elevador, as escaleiras de emerxencia, os lavabos, a cafetería e os corredores. É unha historia coral de vidas cruzadas, con dez personaxes: 5 mulleres (Secretaria Loira, Secretaria Castaña, Secretaria Pelirroxa, Secretaria Morena e Directora Executiva) e 5 homes (Programador Informático, Xefe Administrativo, Xefe de Persoal, Mensaxeiro Local Ascensorista). Uns personaxes grises, correntes, solitarios e extraviados, que aproveitan as súas fuxidas clandestinas á azotea para fumar -algo rigorosamente prohibido-, pero tamén para fuxir dos seus problemas cotiáns, para conspirar contra dos seus superiores, para exteriorizar as súas angustias, para ligar, para soñar, para encher as súas solitarias vidas e, en definitiva, para tentar buscar a felicidade… Eso si, mentrees esperan á tan desexada choiva, e o día despois.
Con ironía e humor, a historia vaise trenzando a un ritmo frenético. A cámara acompaña ós persoaxes, a uns e outros, por todo o edificio, captando o seu estado anímico e persoal. Así é como os relacionamos e coñecemos. Por exemplo: o misterio que envolve as vidas do Programador Informático e a Secretaria Castaña; as conspiracións da Directora Executiva; as obsesións e manías do Xefe Administrativo; a dobre vida do Xefe de Persoal; as supersticións da Secretaria Pelirroxa; os poderes mentais do Mensaxeiro; etc. E a historia vai así avanzando ata chegar a un certo final feliz. E se antes da choiva, baixo un ceo gris e ameazador, cristalízanse amores, suicidios, traicións, situacións cómicas, odios, cataclismos…. e anhelos de tempestade (debería llover), cando ó cabo chega a choiva, a tensión ráchase e o ambiente vólvese máis cálido, sensual e máxico.
Ó remate, case tódolos persoaxes atopan o seu camiño particular cara un mundo quizais mellor. Unha maneira de acotar moitos dos temas que plantexa a historia: o amor non correspondido, os perigos de crer no destino, o medo á soedade, a necesidade de afecto, o retorno á natureza e un desexo ambiguo de liberdade. E remata cunha fermosísima dobre historia de amor vista como ó outro lado do espello.
Son dez vidas cruzadas contadas ó longo de tres días laborabeis, sempre rodeados duns ciumes enigmáticos e expectantes.
FICCIÓN PRODUCCIONES
981 53 66 30