O concurso, que está aberto a calquera persoa que resida ou sexa natural da provincia, ten como tema principal Recunchos de Cine É unha das actividades organizadas con motivo do fin de curso
A ESCOLA DE IMAXE E SON ORGANIZA UN CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
O concurso, que está aberto a calquera persoa que resida ou sexa natural da provincia, ten como tema principal Recunchos de Cine.
As obras presentadas deben ser orixinais e propias do autor. Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotos en branco e negro ou en cor, en dimensións libres.
O prazo de entrega finalizará o luns, día 25 de xuño ás dúas da tarde e os traballos terán que entregarse nas instalacións da Escola de Imaxe e Son situada na rúa Frei Plácido Rei Lemos, s/n.
En canto ós premios, o autor da mellor foto gañará unha cámara reflex dixital e o segundo clasificado un teléfono mobil de última xeneración.
Para máis información sobre este concurso, os interesados poderán achegarse ó centro en horario de mañana (10:00-14:00) para recoller as bases.