NOVAS DO SECTOR: A CURTAMETRAXE MÁRTIRES DE XOSÉ ZAPATA PRESENTASE O XOVES NUN CINE DE PARÍS E COMEZA UNHA XIRA POR TRES CIDADES FRANCESAS

21 / 11 / 2006

A curtametraxe Mártires, dirixida por Xosé Zapata e producido por Ignacio Benedeti Cinema, foi premiada no certamen Curt Fictions organizado pola cadea de Cines Yelmo Cineplex no ano 2006. Mártires foi premiada xunto con outras oito curtametraxes que se proxectaron en dez cines de toda España, entre os que se atopan cines de Barcelona, Madrid, Xixón, Albacete, Sevilla, Vigo ou A Coruña. Este xoves 23 de Novembro a curtametraxe e o programa Curt Fiction serán presentados en París nun céntrico cine da capital francesa no que participará o director e produtor Xosé Zapata.
A CURTAMETRAXE MÁRTIRES DE XOSÉ ZAPATA PRESENTASE O XOVES NUN CINE DE PARÍS E COMEZA UNHA XIRA POR TRES CIDADES FRANCESAS.

A curtametraxe Mártires, dirixida por Xosé Zapata e producido por Ignacio Benedeti Cinema, foi premiada no certamen Curt Fictions organizado pola cadea de Cines Yelmo Cineplex no ano 2006. Mártires foi premiada xunto con outras oito curtametraxes que se proxectaron en dez cines de toda España, entre os que se atopan cines de Barcelona, Madrid, Xixón, Albacete, Sevilla, Vigo ou A Coruña. Este xoves 23 de Novembro a curtametraxe e o programa Curt Fiction serán presentados en París nun céntrico cine da capital francesa no que participará o director e produtor Xosé Zapata.

A curtametraxe Mártires está dirixida por Xosé Zapata é foi rodada enteiramente na Comarca da Coruña. Os interpretes son os actores Xabi Deive, David Lendoiro e Xaquín Domínguez. A historia centrase na traxedia que de maneira sistemática sufren mozos e mozas galegas nas estradas. Tres mozos beben e falan sobre os seus plans de futuro, sen saber, que un intre despois morreran nun accidente de tráfico. A película foi rodada en galego e en localizacións do Concello de Carral.

Outra curtametraxe producida por IB Cinema foi premiada en Curt Fiction, Máxima Pena dirixida polo catalán Juanjo Jimenez, polo que dúas curtametraxes das nove que poderan ser vistas nas cidades París, Burdeos e Lión.

Mártires foi rodada en galego e a copia que será proxectada nos cines de Francia en Versión Galega con subtítulos en francés, ademáis a curta conta coas colaboracións de novos grupos da música hip-hop cantada en galego coma Presencia Cero (de Cerceda) e Dios Ke te Crew (Ordes).

O programa completo de proxeccións é o seguinte:

– en París: el 23 novembre 2006 a las 16h30 y 19h00

Cine Le Latina

20 rue du Temple

75 004 PARIS

– en Burdeos: el 28 de noviembre de 2006 a las 20h15

Cine Centre Jean Vigo

6 rue Franklin

33 000 BORDEAUX

– en Lyon: el 30 de noviembre a las 20h45

Cine Le Zola

117 Coyrs Emile Zola

69100 VILLEURBANNE

Categoría: Noticias
Etiquetas: