Despois de que a última sesión tivera que ser substituída pola de Animación, o Festival de Cine de Ourense (Ouff) presenta de novo, este venres, unha escolla de cinco curtametraxes galardoadas en diferentes festivais cinematográficos.
A Noite de curtametraxes atópase dentro das sesións de Cine Baixo as Estrelas do Ouff, que no seu XV aniversario, achega ata a cidade case 2000 pezas de cine independente galego e do mundo enteiro.
Milo’s Wheels (Mellor curta e Premio do Público), de Anders Østerballe, Still (Mellor Dirección), de Rick Ostermann, Casual, de Aitor Echevarría, Campás, de Jairo Iglesias, e Un vaso de Soda, de Adriana Yurcovich, son as elixidas para esta cita, que terá lugar na praza de San Martiño, en Ourense, este venres a partir das 23:00 horas. O acceso é libre e gratuíto.