Dentro do Ciclo de Cine que organiza a Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Sotomayor nº1, a Coruña) o xoves día 12 de decembro, ás 19:30 horas, no seu salón de actos será proxectada a película BAIXO Os TEITOS DE PARÍS do director e guionista René Clair (1930). Cando René Clair afronta a rodaxe de Baixo os teitos de Paríses consciente do importante momento que está vivindo a industria cinematográfica. A incorporación do son está dotando ás películas non só dunha nova linguaxe senón tamén dun xeito diferente de abordar o mundo que se representa nas imaxes.
Clair ofrécenos unha película na que conflúen esas claves, testemuñando o interese por construír un filme novidoso e ante o cal o espectador sexa consciente das novas perspectivas narrativas e estéticas que se lle ofrecen.
E iso faio contribuíndo á construcción do imaxinario parisino. O popular desta sociedade, a súa desenfado e alegría, o amor como determinante da forma de actuar, os barrios cos seus trazos peculiares e identificadores, en suma, a sociedade desta cidade vai quedar fixada desde esta película para os espectadores daquel momento e do futuro.
Xunto a este trazo definidor de Baixo os teitos de Parides hai outro que merece especial atención: a música. Xa desde o principio somos conscientes de que a esta e as cancións non son elementos superficiais en mans de René Clair, antes ao contrario constitúense en factores importantes para comprender a actuación dos personaxes.
Todo iso envólveo Clair no desexo de utilizar o son como un elemento nos só descritivo senón significativo; así xunto ás cancións, hai momentos en que falta o son ou outros en que se nos describe as accións soamente con ruídos (a pelexa nocturna), e todo realizado cunha alarde da técnica que avanza neses anos de forma radical.
Entrada gratuíta ata completar aforo.