NACE A PLATAFORMA “MADRID ARTHOUSE” QUE RECLAMA UN ESPAZO PARA OS CINEASTAS EMERXENTES

27 / 05 / 2011

“Madrid Arthouse” é un paraugas formado por creadores audiovisuais emerxentes e colectivos de artistas audiovisuais que desenvolven o seu traballo en Madrid.

«Os creadores audiovisuais levamos anos reclamando espazos de creación dende diferentes plataformas e colectivos, pero sempre resultaron infructuosas. Consideramos que espazos en desuso da cidade deben cederse para este tipo de iniciativas.

Lamentablemente edificios que nun principio estaban destinados para albergar aos cineastas  «Museo de las artes Audiovisuales» (Tabacalera) pasaron a mans de persoas alleas ao sector audiovisual  o cal adoece historicamente de infraestructuras físicas onde desenvolve-los sues proxectos de forma autoxestionada.

Somos un colectivo que non aspira a subvencións. Cremos nunha cultura non institucional. Apostamos pola iniciativa e a autoxestión. 

Cremos que o modelo actual  está quedando obsoleto e ten que dar pasos a novas propostas de Xestión Cultural baseadas en modelos máis Europeos, coma o Modelo de xestión Alemán onde a cultura está en mans dos creadores e non das institucións.

É unha reclamación antiga  á que agora poñemos voz dende esta plataforma “Madrid Arthouse” á que se suman asociacións e colectivos off de mercado e que esixen o seu lugar.

A plataforma plantexa unha serie de accións a desenvolver para a consecución dun espazo e segue sumando apoios de outros colectivos e plataformas de cineastas.»

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: