Hoxe luns, 22 setembro ás 20:30 horas nunha única sesión terá lugar a proxección de Metrópolis no Cineclube Padre Feijoo. A proxección é de balde para os socios e socias.
METROPOLIS «Metrópole» (1927, Alemaña) de Fritz Lang
No futuro (ano 2000), na megápoles de Metrópole a sociedade divídese en dúas clases, os ricos que teñen o poder e os medios de produción, rodeados de luxos, espazos amplos e xardíns, e os obreiros, condeados a vivir en condicións dramáticas recluídos no soto dun gueto, onde se atopa o corazón industrial da cidade. Un día Freder, o fillo do todoperoso Joh Fredersen , o home que controla a cidade, descobre as duras condicións laborais dos obreiros tras namorarse de María, unha rapariga de orixe humilde, venerada polas clases baixas e que predica os bos sentimentos e o amor. O fillo entón advirte ao seu pai que os traballadores podrían rebelarse.
Premios e mencións:
2002 · Círculo de Críticos de New York: premio especial (pola súa restauración)
Máis info: http://cineclubepf.blogspot.com.es/2014/09/sesions-de-filmoteca.html