MATERIAL PROMOCIONAL NO EUROPEAN FILM MARKET 2009

2 / 01 / 2009

FAPAE informa ás empresas e aos profesionais do audiovisual sobre os materiais que compre presentar para que as institucións poidan levar a cabo as actividades de promoción que se van desenvolver no marco do European Film Market 09.
Os materiais que é preciso enviar a FAPAE son os seguintes, nos prazos que se establecen:

1) BETACAM subtitulado en inglés co trailer das películas que participen nas proxeccións de mercado así como as seleccionadas en calquera das secciones do Festival. Achegámosvos un formulario que tedes que encher e enviar a FAPAE á maior brevidade para reservar a participación neste material de promoción. Os requisitos do trailer son:
• A duración máxima por trailer de película será de 3 minutos.
• Incluirase o logotipo da empresa antes e despois do trailer.
• O formato de entrega pode ser Beta Dixital, DBCAM ou SP (por indicación expresa da empresa que fai a montaxe, non se aceptarán outros formatos).
O material deberá ser entregado en FAPAE antes do luns 19 de xaneiro ás 14:00h.

2) Carteis das películas que participen nas proxeccións de mercado, que deberán ser enviados antes do venres 23 de xaneiro ás 14:00h. Débense enviar en formato físico dous carteis, dando prioridade a aqueles que presenten novidades. Estes deberán estar numerados e priorizados, sendo o 1 o máis importante.

3) Screenings, listaxe na que se indiquen data e lugar de proxección dos screenings. Debe ser enviada á maior brevidade posible.

Para calquera dúbida, pódese contactar con FAPAE (Martina Rey, e-mail: martinarey@fapae.com)

Categoría: Noticias
Etiquetas: